PLAN DE FORMACIÓN

Formación para mellorar a productividade da túa empresa

Redes sociales, SEO, SEM y creación de contenidos
Linea Impulsa Dixital

A formación, unha inversión para o teu negocio.

A dixitalización esixe ás empresas unha continua inversión no seu recurso máis importante: O capital humano.
Ter a un equipo de traballo ben preparado implica un aumento do beneficio e competitividade da empresa.

En Impulsa Dixital ofrecemos un plan de formación continua adaptadaao que o teu negocio necesita, para mellorar procesos, optimizar recursos e aumentar beneficios.

Formación Bonificada​

Que é a formación bonificada?

Toda empresa que cotice por traballadores no Réxime Xeral da Seguridade Social dispón dun saldo para financiar a formación dos seus empregados. Para empresas de 1 a 5 traballadores, dita cantidade é de 420 euros/ano. Se queres saber o saldo do que dispón a túa empresa, contáctanos e informarémoste sen compromiso

Quen se pode beneficiar?

Todos os trabalaldores dados de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social, sempre e cando a empresa non sexa pública e estea ao corrente nos pagos á Seguridade Social.

Ten algún custo?

Por suposto que non. Trátase xustamente de aprobeitar o saldo da empresa que se foi pagando ao longo do ano pasado a través dos Seguros Sociais dos traballadores en concepto de Formación Profesional. Os saldos anuais non son acumulábeis, e, polo tanto, pérdense dun ano para outro se non se aprobeitan.

E se o que necesitas son cursos específicos para os teus traballadores, estudamos as túas
necesidades e elaboraremos un proxecto a medida.

Todos os cursos con diploma acreditativo.

Certificados de profesionalidade

Que son os certificados de profesionalidade?

Os certificados de profesionalidade son unha forma que poñen as Comunidades Autónomas á disposición das persoas traballadoras ou demandantes de emprego, para acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais que as capacitan para o desenvolvemento dunha actividade laboral. Con eles trátaselles de proporcionar a fromación requerida polo sistema produtivo

Reconocer a experiencia laboral dos nosos traballadores

Se tes experiencia nunha ocupación (máis de tres anos de experiencia) e/ou formación non oficial (máis de 300 horas de formación non formal dentro dos últimos 10 anos) pero non tes ningún documento que acredite de modo oficial a túa competencia, co procedemento de recoñecemento da experiencia profesional podes chegar a obter a acreditación de certas unidades de competencia que, posteriormente, che dean a posibilidade de poder completar un certificado de profesionalidade
Os requisitos para acceder a un certificado de profesionalidade dependen do nivel de cualificación que se esixa en cada caso, de acordo cos seguintes niveis:
Nivel 1
Non esixe requisitos académicos nin profesionais, malia que se teñen que posuír as habilidades de comunicación lingüística que permitan a aprendizaxe..
Nivel 2
Débese cumprir algún dos seguintes requisitos:
-Título de Graduado de Educación Secundaria Obrigatoria.
- Certificado de profesionalidade de nivel 2.
- Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/o de 45 anos.
- Ter superado as competencias crave.
Nivel 3
Débese cumprir algún dos seguintes requisitos:
- Título de Bacharel.
- Certificado de profesionalidade de nivel 3.
- Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
- Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
- Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/o de 45 anos.
- Ter superado as competencias crave.

Cómo obtener o certificado de profesionalidade?

- Superar os módulos formativos que integran o certificado de profesionalidade.
- Acceder ao procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación.
Estes procedementos para a avaliación son convocados periodicamente pola Consellería de Emprego e Igualdade (en Galicia).

LIGAZÓNS DE INTERESE NA COMINIDAD GALEGA
- Procedemento de expedición de certificados
- Portal web da consellería

Os nosos certificados:

IFCD0110

Confección e publicación de páginas web

IFCT0309

Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos

Dixitalización

Transformación dixital das empresas

Recursos Humanos

Xestión integrada de recursos humanos

Queres saber máis sobre os nosos cursos?

Solicita máis información sobre os cursos no seguinte formulario e porémosnos en contacto contigo.

A comunicación dos seus datos será obxecto de tratamento por parte do Responsable do Tratamento IMPULSA DIXITAL. Esta comunicación utilizarase exclusivamente para tratar os seus datos para atender a súa solicitude, sempre de acordo ao Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (RGPD), Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro (LOPDGDD) e demais normativa legal vixente en materia de protección de datos persoais, sobre protección de datos. Os seus datos non se comunicarán a terceiros, excepto por obrigación legal, e manteranse mentres non solicite a súa cancelación.p>

En calquera momento vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e oposición, ou se procede, á limitación e/o cancelación do tratamento, comunicándoo por escrito, indicando os seus datos persoais a Rúa Pardiñeiros 11, 4ºE 18895, Ames ou mediante un email a info@impulsadixital.com, achegado documento acreditativo da identidade da persoa solicitante.